Politica de privacidade

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), así como na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase ás persoas usuarias desta páxina web dos seguintes aspectos:

1. Responsable do tratamento

  • Titular: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS GALEGAS DE SOFTWARE LIBRE (en adelante, “AGASOL”)
  • NIF: G70128194
  • ENDEREZO SOCIAL: Praza de Europa, 10A, Planta 5. Edificio Área Central. 15707 Santiago de Compostela – A Coruña
  • Enderezo electrónico de contacto: Info@agasol.gal

2. Finalidade do tratamento

Os datos persoais recollidos a través desta web RECICLAXELIBRE.ORG só se empregan para:

  • Responder ás consultas ou mensaxes recibidas a través do formulario de contacto.
  • Xestionar e moderar os comentarios nas publicacións do blog.
  • Realizar estadísticas internas, con datos almacenados exclusivamente no noso servidor e sen cesión a terceiros. As medicións pódense facer sen empregar cookies ou, se se usan, son exclusivamente para mellorar o funcionamento e nunca con fins publicitarios.

En ningún caso se utilizan os datos para fins comerciais, non se realiza publicidade e non se venden produtos nin propios nin de terceiros. Se en algún momento se produce un cambio destas condicións aparecerán reflexadas aqui.

3. Tipos de datos recollidos

  • Nome (obrigatorio para identificar ao remitente ou comentarista).
  • Correo electrónico (obrigatorio para poder responder á consulta ou reserva ou validar un comentario).
  • Telefono (En caso de reservar plaza para algún evento que realizamos por si e necesario unha comunicación mais rápida).

Non se recollen datos sensibles nin outra información persoal distinta á indicada, salvo que o usuario a facilite voluntariamente.

4. Conservación dos datos

Os datos conservaranse unicamente durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos:

  • No caso de formularios de contacto, ata a resolución da consulta.
  • No caso de comentarios, mentres estes permanezan publicados na web.

Posteriormente, eliminaranse de forma segura.

5. Lexitimación para o tratamento

A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento explícito que presta a persoa usuaria ao enviar o formulario de contacto ou publicar un comentario.

6. Cesión de datos a terceiros

Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.
Esta web non comparte datos con empresas externas, nin con provedores de publicidade, nin con plataformas de mercadotecnia.

7. Aloxamento e seguridade

A web está realizada con WordPress e está aloxada en servidor propio, adoptando as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a protección dos datos segundo o establecido no RGPD con ubicación en España.

8. Dereitos das persoas usuarias

A calquera momento, a persoa interesada poderá exercer os seus dereitos de:

  • Acceso aos seus datos persoais.
  • Rectificación de datos inexactos.
  • Supresión (dereito ao esquecemento).
  • Limitación do tratamento.
  • Oposición ao tratamento.
  • Portabilidade dos seus datos.

Para exercelos, debe enviar unha solicitude xunto cunha copia do seu DNI ao correo electrónico indicado no apartado 1.

Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.