Doa tecnoloxía Transforma vidas

Axudar aos demais é o primeiro paso para mellorar o mundo… e a veces a un mesmo.

Unidos intentaremos facer un entorno mellor

O Banco de Reciclaxe de Ordenadores nace coa finalidade de dar unha segunda vida aos equipos informáticos que xa non se usan, pero que aínda poden ter utilidade. A través da recollida, reparación e posta a punto de ordenadores, buscamos reducir o volume de residuos electrónicos e promover un consumo máis responsable e sostible. Cada dispositivo recuperado é unha oportunidade para coidar o medio ambiente e loitar contra a obsolescencia programada.

O noso obxectivo principal é facilitar o acceso á tecnoloxía a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade. Doamos os equipos reciclados a estudantes, familias e entidades sociais que os precisen para estudar, traballar ou comunicarse. Así, contribuímos a reducir a fenda dixital e a fomentar a igualdade de oportunidades no acceso á información e á educación.

Quenes somos

Agasol, Concello de Ames e voluntari@s colaboran neste gran proxecto

Que facemos

Poñer a punto o material recibido para logo distribuilo donde sexa necesario.

Como colaborar

Tanto se quere doar como realizar outro tipo de colaboración, póñase en contacto con nós e falamos

Estes son alguns dos puntos que tratamos de mellorar co noso esforzo

Evidentemente, poucas persoas non fan moita forza, pero moitas cousas pequenas xuntas fan cousas grandes. Por iso, canto máis colaboremos, máis doado será construír un mundo mellor para todos.

Aquí mencionamos algúns dos puntos onde máis impacto ten o noso esforzo, pero seguen habendo moitos máis..

Reducir o lixo electrónico

Unha ameaza ambiental silenciosa.

Combatir a fenda dixital

Desigualdade no acceso á tecnoloxía.

Promover a inclusion social

O illamento tecnolóxico como barreira de integración.

Fomentar o aproveitamento de recursos

Evitar que equipos útiles que acaban no lixo.