Sobre nos

Quen somos

No ano 2022 a Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, coa colaboración da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), lanza a Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre do Concello, así como o Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre. Entre os obxectivos da oficina, que estará situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, están reducir a fenda dixital para colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio. Banco de Reciclaxe do Milladoiro é unha iniciativa social e ambiental sen ánimo de lucro, nacida coa vontade de ofrecer unha segunda vida aos equipos informáticos que xa non se usan, pero que aínda poden ter utilidade. Estamos formados por un grupo de persoas voluntarias e entidades colaboradoras que cremos firmemente no poder da reciclaxe para mellorar o planeta e a vida das persoas.

Empresas e persoas colaboradoras neste proxecto

Voluntarios: O traballo desinteresado de persoas que dedican o seu tempo libre en botar unha man.

Concello de Ames: A Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames xestiona o tramites,como a peticion de un equipo por parte do usuario e a asignacion da doazon ao usuario, asi como as instalacions necesarias para un correcto funcionamento e poder desarrollar asi o traballo nas mellores condicions posibles.

Agasol: A asociación de Empresas Galegas de Software Libre aporta os recursos de coñecemento a tecnicos asi como asesoramento necesario para conseguir o maximo rendimento posible do equipo doado

Traballamos desde Milladoiro (Ames) co obxectivo de recoller, reparar e entregar ordenadores, portátiles, monitores e periféricos a colectivos en risco de exclusión dixital, promovendo ao mesmo tempo valores como a solidariedade, a economía circular e a inclusión social.

Entidades colaboradoras no proxecto

Que facemos

A oficina de software libre

A oficina de Software Libre centrará as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Para conseguilo, daranse cursos de formación e realizaranse actividades de alfabetización dixital para aquelas persoas que o necesiten asi como talleres de aprendizaxe. Ademais, ofrecerase axuda para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxía e será un punto de encontro onde aprender, compartir e construír. Esta iniciativa tamén valorará a posibilidade de ofrecer apoio e soporte no eido do software libre para as empresas e entidades da contorna si asi o necesitasen.

O banco de reciclaxe electronico

O Banco de Reciclaxe Electrónica de Software Libre recollerá equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan e que poidan seguir sendo operativos para persoas con menos recursos. En concreto, recolleranse ordenadores portátiles, torres, periféricos (monitor, teclado, rato…) e compoñentes internos (RAM, HDD…). Estes equipos formatearanse e serán reacondicionados para alongar a súa vida útil e así ofrecer a posibilidade de reutilización aos colectivos en situación de vulnerabilidade. Os compoñentes e pezas a substituír para a reparación dos equipos correrán da conta de Agasol.

  • Recollida de equipos informáticos: Recibimos doazóns de ordenadores e outros dispositivos de persoas particulares, empresas e administracións públicas.
  • Reparación e posta a punto: Os equipos son revisados e reparados por voluntarios e técnicos colaboradores. Instálanse sistemas operativos libres (como Linux) e software de uso educativo ou ofimático.
  • Doazón a quen o precisa: Distribuímos os equipos entre persoas e entidades sen recursos, priorizando estudantes, familias sen acceso a tecnoloxía, asociacións veciñais, culturais e ONG.
  • Sensibilización: Realizamos campañas de concienciación sobre o impacto do lixo electrónico e a fenda dixital.

No Banco de Reciclaxe do Milladoiro apostamos pola economía circular, prolongando a vida útil dos dispositivos e reducindo a necesidade de fabricar novos, co impacto ambiental que iso implica (extracción de minerais, consumo enerxético, transporte, etc.).

O Banco de Reciclaxe do Milladoiro é unha iniciativa social, ambiental e comunitaria que nace coa vontade de dar resposta a dous grandes retos do noso tempo: o crecente volume de lixo electrónico e a fenda dixital que afecta a moitas persoas no acceso á tecnoloxía.

A nosa actividade principal é a recollida de doazóns de ordenadores, portátiles e compoñentes informáticos que xa non se empregan, pero que poden ter unha nova vida. Un equipo voluntario revísaos, reparaos e ponos a punto para que poidan ser reutilizados.

Estes dispositivos reciclados entréganse, de maneira solidaria, a persoas e entidades que os necesitan: estudantes sen recursos, asociacións, proxectos sociais, persoas maiores que queren conectarse ao mundo dixital… Así, contribuímos a reducir a exclusión dixital e a darlle un valor social á tecnoloxía que, doutro xeito, acabaría esquecida ou no lixo.

Pero o Banco de Reciclaxe é moito máis ca un punto de recollida. É tamén un espazo de aprendizaxe, concienciación e participación cidadá.

Organizamos regularmente:

🔧 Obradoiros prácticos de reparación e mantemento de equipos electrónicos, abertos a toda a veciñanza, nos que se aprende a diagnosticar problemas comúns, trocar pezas e alongar a vida útil dos aparellos.
💬 Charlas informativas e encontros sobre dereitos dixitais, sustentabilidade tecnolóxica, soberanía tecnolóxica e economía circular.
🌍 Actividades educativas nas escolas, con centros sociais e culturais, para promover un uso responsable da tecnoloxía dende a infancia.

Como colaborar: participa e marca a diferenza

Como podes colaborar?

Doando equipos que xa non uses (ordenadores, portátiles, pantallas, cables, ratos, discos duros, etc.).
Participando nos obradoiros ou asistindo ás charlas.
Axudando como voluntario/a, compartindo os teus coñecementos ou tempo.
Difundindo o noso traballo entre amizades, familia ou redes sociais.

Se tes un ordenador ou equipamento que xa non usas, non o tires: pode cambiar vidas. No Banco de Reciclaxe do Milladoiro aceptamos doazóns de:

Persoas particulares

  • Portátiles, ordenadores de sobremesa, monitores, ratos, teclados, impresoras.
  • Non importa se non funcionan; valoramos cada equipo.
  • Podes traer os equipos as nosas dependencias ou contactar connosco para facilitar a entrega.

Empresas

  • Doazón de equipos obsoletos ou substituídos.
  • Asinamos convenios ou certificados de doazón se é necesario.
  • Recollida gratuita en oficinas, dependendo da cantidade.

Administracións públicas

  • Reutilización de material retirado de oficinas municipais, centros educativos ou outras entidades.
  • Posibilidade de colaboración institucional para fomentar a economía circular local.

Se quere doar, colaborar ou optar a unha doazon ou recibir máis información, poñase en contacto con nos e estaremos encantados de axudar.