En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), así como na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase ás persoas usuarias desta páxina web dos seguintes aspectos:
1. Responsable do tratamento
- Titular: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS GALEGAS DE SOFTWARE LIBRE (en adelante, “AGASOL”)
- NIF: G70128194
- ENDEREZO SOCIAL: Praza de Europa, 10A, Planta 5. Edificio Área Central. 15707 Santiago de Compostela – A Coruña
- Enderezo electrónico de contacto: Info@agasol.gal
2. Finalidade do tratamento
Os datos persoais recollidos a través desta web RECICLAXELIBRE.ORG só se empregan para:
- Responder ás consultas ou mensaxes recibidas a través do formulario de contacto.
- Xestionar e moderar os comentarios nas publicacións do blog.
- Realizar estadísticas internas, con datos almacenados exclusivamente no noso servidor e sen cesión a terceiros. As medicións pódense facer sen empregar cookies ou, se se usan, son exclusivamente para mellorar o funcionamento e nunca con fins publicitarios.
En ningún caso se utilizan os datos para fins comerciais, non se realiza publicidade e non se venden produtos nin propios nin de terceiros. Se en algún momento se produce un cambio destas condicións aparecerán reflexadas aqui.
3. Tipos de datos recollidos
- Nome (obrigatorio para identificar ao remitente ou comentarista).
- Correo electrónico (obrigatorio para poder responder á consulta ou reserva ou validar un comentario).
- Telefono (En caso de reservar plaza para algún evento que realizamos por si e necesario unha comunicación mais rápida).
Non se recollen datos sensibles nin outra información persoal distinta á indicada, salvo que o usuario a facilite voluntariamente.
4. Conservación dos datos
Os datos conservaranse unicamente durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos:
- No caso de formularios de contacto, ata a resolución da consulta.
- No caso de comentarios, mentres estes permanezan publicados na web.
Posteriormente, eliminaranse de forma segura.
5. Lexitimación para o tratamento
A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento explícito que presta a persoa usuaria ao enviar o formulario de contacto ou publicar un comentario.
6. Cesión de datos a terceiros
Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.
Esta web non comparte datos con empresas externas, nin con provedores de publicidade, nin con plataformas de mercadotecnia.
7. Aloxamento e seguridade
A web está realizada con WordPress e está aloxada en servidor propio, adoptando as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a protección dos datos segundo o establecido no RGPD con ubicación en España.
8. Dereitos das persoas usuarias
A calquera momento, a persoa interesada poderá exercer os seus dereitos de:
- Acceso aos seus datos persoais.
- Rectificación de datos inexactos.
- Supresión (dereito ao esquecemento).
- Limitación do tratamento.
- Oposición ao tratamento.
- Portabilidade dos seus datos.
Para exercelos, debe enviar unha solicitude xunto cunha copia do seu DNI ao correo electrónico indicado no apartado 1.
Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.